miércoles, 5 de julio de 2017

Resumo Xuño 2017

Xuño 2017 foi un mes cálido en toda a comunidade,seguindo coa tendencia dos últimos meses.En canto a precipitación temos que falar de valores dentro do normal na maior parte de Galicia.

No que respecta á comarca da Coruña o mes foi tamén máis cálido do normal,pero menos ca no resto de lugares,debido á marcada influencia que soe ter o mar na nosa comarca.En canto a chuvia,quedou por debaixo da media,resultando por tanto un mes seco.


Gráfico de temperatura de Xuño da estación da Torre de Hércules,como vemos segunda parte de mes con moitos contrastes.


A chuvia concentrouse nos últimos días do mes,resultando a primeira quincena moi seca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario